“Cultiva mazás:” escola de emprendemento no rural

mesíaNa comarca de Ordes, concretamente no municipio de Mesía, está en marcha un proxecto que pretende fomentar o emprendemento no medio rural. O concello de Mesía, como tantos outros, viu como se reducía drasticamente a súa poboación nas últimas décadas. En 1981 o termo contaba con algo máis de 4400 veciños e veciñas, hoxe a cifra non chega aos 2800.

Fronte a datos como os anteriores, xorden proxectos como “Cultiva mazás”. No mesmo participa alumnado de 3º da ESO do colexio local CPI de Xanceda que se “embarcarán así nunha aventura na que terán que localizar e desenvolver ideas radicalmente orixinais e con futuro no rural”. Para iso, ata as aulas achegaranse emprendedores que decidiron tecer o seu proxecto económico en comarcas rurais.

Ao longo de tres meses, os participantes van realizar proxectos en grupo asesorados por expertos. Ao final, cada grupo presentará os seus traballos e un xurado escollerá o proxecto máis completo, orixinal e e viable.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*