Ponte…nas ondas! participará na Feira do Libro Infantil e Xuvenil de Bologna do 4 ao 7 de abril da man do proxecto CampUSCulturae

mostra-oralidade-tuiProfesoras do Agrupamento de Escolas de Valença do Minho e do CEIP Humberto Juanes de Nigrán representarán a Ponte…nas ondas! na Feira do Libro Infantil e Xuvenil en Bologna. A participación de Ponte…nas ondas ! enmárcase no proxecto CampUSCulturae no que a asociación vén participando desde hai 5 anos. O stand na Feira permitirá dar a coñecer os traballos dos integrantes deste proxecto que está coordinado pola Universidade de Santiago:

CampUSCulturae é un proxecto a prol das culturas do mundo, do entendemento multicultural e do fomento da diversidade e o pluralismo. Os seus obxectivos fundamentais so n promover o diálogo intercultural, a creación de plataformas de mutuo coñecemento e entendemento entre pobos e individuos procedentes de distintas culturas do mundo, apoiar proxectos de fomento das culturas ou grupos sociais menos protexidos ou en perigo de desaparición ,fomentar a proxección e difusión das linguas minoritarias do mundo e, sobre todo, dar voz e presenza aos máis novos e ás obras literarias e artísticas concibidas para eles e elas desde a diversidade de linguas, estilos, xéneros e sensibilidades.
Entre os seus fins están a creación da Biblioteca campUSCulturae das literaturas infantís e xuvenís do mundo, Centro do Diálogo Intercultural, o Museo Internacional da Ilustración, o Centro Internacional da Creatividade ou a campUSCulturae RTV.

No marco da Feira, o proxecto CampUSCulturae realizará unha sesión de traballo para debater as actividades realizadas por cada un dos socios europeos.
Ponte nas…ondas!” exporá na Feira de Bologna unha mostra dos seus traballos ao longo de dúas décadas onde editou proxectos como Meniños Cantores, Cores do Atlántico ou Na ponte. Ademais, darase a coñecer o labor de promoción da candidatura da tradición oral galego-portuguesa á Lista de patrimonio mundial intanxible da UNESCO. Ponte…nas ondas! foi recoñecida como Boa práctica Iberoamericana polo Ministerio de Educación e Cultura de España a través do portal educativo LEER.ES e co premio ONDAS pola “mellor cobertura informativa” do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.

Outros socios do proxecto son:

ponte-nas-ondas-bologna-2Minority Studies Society STUDII ROMANI (Bulgaria), organización non gubernamental creada en Sofía en 1991 centrada no apoio, promoción e estudo dos grupos e culturas minoritarias en Europa, especialmente da comunidade xitana.
Vigdís Finnbogadóttir Institute of Foreign Languages, da Universidade de Islandia, un centro de investigación en diversidade lingüística fundado en 2001 por Vigdís Finnbogadóttir, expresidenta de Islandia e actual embaixadora de Boa Vontade da UNESCO para a diversidade lingüística.
Universidade de Lodz, unha das máis relevantes institucións educativas de Polonia. Conta con unha prolongada experiencia en investigación sobre culturas minoritarias (non en van, Lodz é un tradicional punto de encontro entre identidades europeas).
CHE Consult GmbH, unha firma de consultoría e centro de excelencia no campo da educación superior que ofrece una ampla experiencia neste ámbito.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*