Inspiraciencia: Concurso de relatos de inspiración científica

inspiracienciaIniciativa que relaciona ciencia e escritura dunha maneira lúdica e participativa.

Pretende ser un espazo aberto a todo o mundo onde pensar e imaxinar a ciencia, desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar o labor creativo e o espírito científico como unha forma de pensar realidades antes non imaxinadas.

O concurso ten unha única modalidade competitiva: Relato curto dunha extensión máxima de 800 palabras.

Poderá participar calquera persoa que presente un relato orixinal e inédito, en calquera das linguas do concurso (galego, catalán, castelán e eúscaro), que estea inspirado nunha temática científica.

Os participantes poderán participar nunha das seguintes categorías:

  • Adulto (a partir de 18 anos), enténdese que os participantes son maiores de idade na data de peche do prazo.
  • Mocidade (de 12 a 17 anos), é dicir, os participantes son menores de 18 anos na data de peche do prazo.

Cada participante poderá presentar un máximo de catro relatos, sempre que estean escritos en linguas distintas. Todos os relatos dun mesmo participante deben ser orixinais, é dicir, non se poderá presentar o mesmo relato en linguas distintas. Prazo aberto deica o 19 de maio.

Bases completas

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*