Os cans como recurso educativo

cans-recurso-educativoSede de Nova Escola Galega, en Santiago de Compostela.

Curso impartido pola especialista en conduta animal María Sabell.

Haberá unha parte teórica que se realizará na sede da asociación pola mañá (R/ das Hedras, 4-2ºO, Milladoiro-Ames) e pola tarde desprazarémonos ao exterior para traballar a parte práctica.

Contidos:
– Linguaxe de interacción para a cohesión da manda.
– Aplicación práctica para ciencias e actividades da natureza.
– Recursos de comunicación non verbal no ámbito da linguaxe.
– Formulacións prácticas aplicables á educación en valores e á convivencia escolar.
– As actividades con cans como ferramenta de inclusión e integración social: propostas no ámbito das necesidades educativas especiais, diversidade funcional, física e intelectual, altas capacidades…

11 de xuño de 2016
Horario: de 11 a 14h e de 16:30 a 19:30h
Lugar: Sede de Nova Escola Galega: R/ das Hedras, 4-2ºO. Milladoiro- Ames
Inscricións:
Envía un email cos teus datos (nome, apelidos, dni e teléfono) e o xustificante de pagamento a: neg@neg.gal
Custo da matrícula:
– 35€ soci@s de NEG e de Só lles falta falar
– 45€ matrícula ordinaria
Conta de ingreso:
ABANCA ES77 2080 0300 85 3040089500
Titular: Nova Escola Galega
Concepto: Curso María Sabell

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*