Esta semana celebramos o Día Mundial dos Océanos. Os océanos son o corazón do noso planeta: “Necesitamos uns océanos sans para ter un planeta san!”. Acompañamos á familia Trebón a investigar como de limpos están os fondos dos nosos mares.
Do mesmo xeito que os latexos do corazón fan que o sangue circule por todo o corpo, os océanos conectar as persoas de todo o mundo, con independencia de onde vivan. Tamén regulan o clima, alimentan a millóns de persoas, producen osíxeno, son o hábitat dunha gran variedade de seres vivos e proporciónannos menciñas e moitos máis recursos. Para garantir a saúde das nosas comunidades e das xeracións futuras, é imprescindible que coidemos dos océanos coa mesma intensidade que eles cuidan de nós!
O lema escollido polas Nacións Unidas para a conmemoración este 2016 do Día Mundial dos Océanos é “Uns océanos sans, un planeta san”. Por desgraza, algunhas actividades humanas, como a pesca ilegal, as prácticas de acuicultura insostibles, a contaminación mariña e a destrución do hábitat e as especies exóticas, así como o cambio climático e a acidificación dos océanos, teñen un impacto negativo sobre os océanos e mares.
O Caderno Verde de Sogama ofrécenos desta volta unha viaxe polos fondos mariños acompañando á famia Trebón: