“Co traballo nas aulas podemos cambiar o mundo”

Déixanos Agustín Fernández Paz, escritor e mestre que nos fixo a todos mellores cos seus libros e reflexións.

agustin-fernandez-paz-Fonda tristura este martes que amenceu coa nova do falecemento de Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947), figura decisiva e queridísima da literatura galega actual. Tal e como contan desde Letra en Obras, Edicións Xerais confirmaba a media mañá o pasamento do autor. Mestre e pedagogo de profesión, Fernández Paz era un dos escritores máis carismáticos do sistema literario galego. Autor de máis de medio cento de obras dirixidas ao público infantil e xuvenil, moitas delas referencia inescusable para xeracións de mozos e mozas.

A obra de Fernández Paz ten sido recoñecida internacionalmente e con seguridade é o autor máis lido e traducido. O autor ten falado de literatura infantil e xuvenil en sentido amplo, adicándolle o cualificativo de xeito xeral a todo aquel libro que poden ler os mozos e mozas sen seren desafiados por excesivas dificultades formais, pero subliñando o perigo reducionista da etiquetaxe e as clasificacións excluíntes que poidan escatimarlle a moitos lectores o goce cun abano diverso de libros. Un exemplo, o seu libro ‘O único que queda é o amor’, vendido aquí nunha colección de literatura xuvenil, véndese en Portugal nunha colección para adultos.

Mestre de profesión, á súa vizosa obra hai que agradecerlle tamén os millóns de horas de felicidade lectora de moitas xeracións de escolares. Fernández Paz foi un comprometido activista desde os movementos de renovación pedagóxica e un convencido de que desde a escola “podemos cambiar o mundo”.

A súa obra pode atoparse en ducias de linguas, do inglés ao chinés, pasando polo coreano ou o italiano. En 2015 a AELG propúxoo como candidato ao Premio Nobel de Literatura.

COMPARTIR

3 COMENTARIOS

  1. Non só era un dos máis grandes escritores, tamén tiña unha mente privilexiada. Os seus pensamentos en cuestións diversas sentaban cátedra. Descanse en Paz

  2. Lástima ter que esperar dez anos para poder adicarlle un Día das Letras Galegas. Moi tristes pola perda de tan gran home e escritor

Deixa una resposta a Anxo Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*