Pokemons? Non, na procura das aves máis buscadas

Levantando a cabeciña do móbil podemos encontrar algunhas sorpresas tanto ou máis apaixonantes que un Pikachu.

A chamada realidade aumentada, que xa viña asomando timidamente no contorno da educación, estoupou este verán no ámbito máis lúdico da man do xogo Pokemon GO. Cativos e maiores veñen estando dende entón enganchados a estea proposta, buscando Pikachus, Rachus, Krabbys e outras faunas pokemianas.

aves-voandoPero levantando a cabeza do móbil, e botando un ollo á natureza, coa simple axuda duns prismáticos, podemos descubrir inesperadas e insólitas visitas aladas. Así nolo propoñen por exemplo desde SEO-BirdLife. Segundo nos contan, deica o mes de outubro é un dos momentos onde os aires do Atlántico nos achegan algunhas das aves máis difíciles de ver habitualmente polas nosas xeografías.

Por exemplo, na bitácora ‘Demencias Ornitológicas’ documéntase a aparición da Píllara Mongola (‘Charadrius mongolus’, tamén coñecido como ‘Chorlitejo mongol grande’). Esta ave reprodúcese en latitudes medias de Asia, na zona entre Turquía e Mongolia) e pasa o inverno en costas do sur asiático, África ou mesmo en Australia. É peza cobizada por fotógrafos e paxareiros con prismáticos ao ombreiro e nesta ocasión parece que foi visto un exemplar en Irlanda e poucos días despois o mesmo na zona cántabra de Santoña.

Semanas perfectas para a procura das aves

Neste tempo “xorden os primeiros temporais no Atlántico e os ventos poden acabar modificando as rotas migratorias das aves que transitan estes roteiros ao outro lado do océano. Irlanda, o arquipélago das Azores, Galicia e as Illas Canarias son puntos idóneos para avistar estes sorprendentes visitantes”, explica Gabi Martín, técnico de SEO/BirdLife.

Na web do colectivo SEO BirdLife podemos consultar unha lista de “rarezas” ornitolóxicas (.pdf)

Tamén a web www.gruposdetrabajo.seo con información en tempo real sobre aves observadas e a posibilidade de descargar unha app con alertas e información sobre especies exóticas.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*