Lalín faise cargo da organización do Modesto Figueirido, o decano dos premios literarios

castrotecnograndeA súa dotación económica do galardón é discreta (mil euros) pero, aínda así, o Certame Nacional de Narracións Breves Modesto R.Figueirido é un dos de maior prestixio das letras do país. A principal razón é que o decano dos premios da literatura galega. Dende 1975 vense convocando ano a ano e chega así á súa 42ª edición. Outro motivo do seu prestixio é a nómina de premiados: Xosé Ignacio Taibo, Xosé Manuel Martínez Oca, Xavier Alcalá, Tucho Calvo, Helena Villar Janeiro, Riveiro Coello, entre moitos outros outros.

Este ano o Concello de Lalín será o principal mecenas do galardón, baixo a supervisión da Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro. O prazo para presentar relatos (de entre 5 e 30 páxinas de extensión) está aberto ata o vindeiro 18 de novembro. Os traballos teñen que enviarse a calquera destes dous enderezos: Fundación do Padroado do Pedrón de Ouro (Apdo. de Correos,627. Santiago de Compostela) ou ben ao Concello de Lalín (Praza de Galicia,1-36500-Lalín)

Powered by WPeMatico

COMPARTIR