VII Concurso de boas prácticas educativas da Asociación “Mejora tu escuela pública”

premios-buenas-practicas-escuela-publicaA recepción de propostas está aberta deica o 15 de novembro.

Os traballos, levados a cabo durante o pasado curso 2015/2016, deberán ter en conta estes aspectos:
1. Responder a unha necesidade de mellora educativa concreta e animar o traballo en equipo de profesorado, equipo directivo, orientación, AMPAS e/ou familias, integrando o talento colectivo para acadar esa mellora.
2.Desenvolver o pensamento creativo e autónomo do alumnado propoñéndolles retos educativos (científicos, artísticos, lingüísticos, deportivos, de convivencia, etc) concretos.
3.Estimular o valor pedagóxico do esforzo persoal do alumnado para realizar un traballo ben feito.

MODALIDADES
a. Centros de Educación Infantil, Primaria, E. Especial E aulas específicas de Educación Especial.
b.Centros de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional, Ensinanzas de Réxime Especial (Artísticas Elementais-Profesionais e Ensinanzas Artísticas Superiores, Ensinanzas Deportivas e ensinanzas de Idiomas) e Centros de Educación de Persoas Adultas. 

PARTICIPANTES

Poden participar profesorado a nivel persoal ou colectivo, equipos directivos, de orientación ou as propias asociacións de nais e pais de centros públicos.
O xurado comunicará a súa decisión o proóximo 12 de xaneiro de 2017 a través da web da asociación:www.mejoratuescuelapublica.es

Formulario de inscrición

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*