‘O Principiño’ proxectarase subtitulada en galego as próximas dúas semanas

o-principinhoNa carteleira do compostelán Cinema Numax.

O novo filme ‘O Principiño’ (The Little Prince – Le Petit Prince), agardada adaptación do clásico ‘O Principiño’ de Antoine de Saint-Exupéry dirixida por Mark Osborne, fai parada desde o pasado venres e durante as próximas dúas semanas na carteleira do compostelán cinema Numax.

A fita proxéctase en versión orixinal con subtítulos en galego no marco da colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, que abrangue o subtitulado e a proxección de cinco filmes ao ano, e inclúese a maiores no catálogo do programa didáctico ‘Numax na Escola’ para o curso 2016-2017.

O director Mark Osborne adapta, nunha peza de cinema para todos os públicos, o coñecido clásico de Antoine de Saint-Exupéry valéndose dunha innovadora combinación das técnicas de animación 3D e stop-motion que lle outorgan ao filme un acabado visual inesquecible.

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a Lectura, principiños e curtametraxes: o máis lido o último mes | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*