A xornalista Raquel C. Pico gaña o Reimóndez Portela cun texto sobre a “Marquesa Roja”

raquelpico-libropatasEsta semana coñeceuse o nome da gañadora dun dos premios de referencia do xornalismo galego. Raquel C. Pico logrou o Premio Reimóndez Portela co texto Descubrindo a esquecida «Marquesa Roja»,  publicado o pasado mes de febreiro na revista dixital Disquecool. A xornalista recollerá o seu premio, mil euros en metálico e unha escultura, o vindeiro 23 de setembro, nun acto público que se celebrará na vila da Estrada.

O Reimóndez Portela creouse en 1996 coa fin de homenaxear ao médico, escritor e político estradense. Na lista de gañadores hai nomes como os de Francisco Castro, Miguel Anxo Fernán Vello, Santiago Jaureguizar, Francisco Fernández Rei, Vicente Araguas, Neira Vilas ou Xosé María Lema.

Powered by WPeMatico

COMPARTIR