Aínda non tedes Illa de Reciclaxe? Máis de 14 mil alumnos xa foron formados na xestión sostible de residuos

O programa ‘Recíclate con Sogama’ levou a práctica do principio europeo dos tres erres a 60 centros de toda Galicia.

illa-de-reciclaxe2Dende o curso 2012-2013 está en funcionamento, no marco do Plan Proxecta de educación en valores, o programa “Recíclate con Sogama”, que neste tempo involucrou nas súas actividades acerca da xestión sostible dos residuos urbanos a perto de 14 mil alumnos de 60 centros educativos de Primaria e Secundaria en concellos de toda Galicia.

A práctica do principio europeo dos tres erres (Redución, Reutilización e Reciclado), acercouse a un amplo número de escolas, instruíndo deste xeito a milleiros de nenos e nenas en boas prácticas de sostibilidade a poñer en práctica tamén nos seus fogares, de cara á prevención, redución en orixe, reutilización e separación dos materiais que conforman o lixo, depositando cada tipoloxía no contedor correspondente para facilitar a súa posterior recuperación.

Alén do material didáctico e medios necesarios fornecidos pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama), un eixo estrela do programa foron as illas de reciclaxe, formadas polo conxunto de tres contedores de 120 litros de capacidade cada un (amarelo, azul e verde), destinados a acoller, respectivamente, os as latas, os briks e os envases de plástico; o papel e cartón; e a fracción resto. Para facilitar a tarefa e facela máis cómoda, Sogama tamén lles enviou aos centros lotes de bolsas de recollida selectiva para poñer nas aulas e facilitar así a separación de refugallos, encargándose os propios alumnos de trasladalos ás correspondentes illas de reciclaxe. Ademais, os colexios que dispoñían de servizo de comedor, foron obsequiados cun composteiro, facilitando con isto a fermentación controlada da materia orgánica e permitíndolles desta forma obter un abono de calidade que utilizan nas hortas e xardíns dos recintos escolares.

“Oportunidades Galicia: Separemos ben, reciclaremos mellor”
Contámosvos de paso que cara ao curso xa en marcha 2016-2017, anúnciase a campaña “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor”, que abranguerá aulas de infantil, primaria e secundaria, co obxectivo de facer partícipes da reciclaxe a alumnos, profesores e pais, e alcanzar así os seus beneficios ambientais, económicos e sociais.

A iniciativa, promovida pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, contando coa colaboración de Ecoembes e Sogama, e co apoio de distintos sistemas integrados de xestión (Ecovidrio, Ecopilas, Ecolec, ERP, Ecotic, Ecoraee, Ecoasimelec, Ecofimática, Tragamóvil, Ambilamp e Ecolum), adéntrase nas aulas co principal obxectivo de promover as boas prácticas ambientais no principio europeo dos tres erres (Redución, Reutilización e Reciclaxe). Os centros recibiron xa o convite a solicitar as diferentes actividades lúdico-educativas desta campaña, que busca axudar a mellorar as taxas de reciclaxe.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*