Migallas recorda o 20º aniversario da gravación de ‘Canta connosco!’ cunha edición conmemorativa en formato libro-cd-dv.
Hai xa vinte anos que María Campos e Carlos Yus gravaron o disco “Canta connosco!”. Era 1992, e malia que xa levaban catro anos de andaina co grupo Migallas Teatro, non foi ata daquela que se converteron en compañía profesional.
Neste 2016, e logo dunha exitosa traxectoria, Migallas recupera aquelas pezas nun traballo reformulado baixo o formato de libro-CD e DVD con ilustracións de Oscar Villán e vídeos dirixidos por José Miguel Sagüillo. Unha boa oportunidade para lembrar cancións coma “O libro máxico” ou “Dime que fixeches” para quen era cativo naquel tempo, pero tamén para inxectarlle o ritmo de Migallas ás xeracións máis novas. Do rock ao reggae, pasando pola cumbia e o tradicional.
A xira de presentacións de “Canta connosco!” comeza en Pontevedra o sábado 5 de novembro ás 12:00 horas no auditorio do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.