Feira de Outono, Xornada Micolóxica e Roteiro polas Terras do Pambre

feira-na-eira-2016Un feixe de actividades esta fin de semana organizadas por Adega e a Fundación Eira.

Ramil (Agolada), a carón do castelo de Pambre, acolle este domingo 13 a X Feira na Eira. Palestras, artesanía, obradoiros e música para unha fin de semana ecolóxica que, ese mesmo día, propón tamén unha andaina dentro do programa de roteiros “Recuperando O Noso” para 2016-2017, que pon en valor proxectos, iniciativas ou actividades que intentan recuperar aquelo que forma parte da nosa cultura, tradición ou paisaxe. Desta volta iremos ás Terras do Pambre, onde visitaremos os seus castelos medievais e castro, e tamén pasaremos pola Feira de Outono da Eira, un exemplo de recuperación da tradicional feira galega. O roteiro será duns 10 quilómetros e de dificultade media-baixa. Podedes facer o roteiro que chegará, contra as 13h30, á propia feira. Ademais, na véspera, o sábado 12, haberá unha Xornada Micolóxica.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*