Os pediatras urxen a aplicar medidas anticontaminación nas cidades

trafico-contaminacionAdvirten do aumento de mortalidade por asma vinculada á contaminación atmosférica.

O incremento do parque automobilístico, unido ao seu envellecemento (cunha antigüidade media de 11,7 anos na actualidade fronte aos 7,6 de fai quince anos), provocou un aumento nos niveis de polución atmosférica, moito máis evidentes nas principais cidades.

A Sociedade Española de Pneumoloxía Pediátrica (SENP), ve nestes datos unha correlación co ascenso no curto prazo da morbilidade e mortalidade por asma. Explican que o dióxido de nitróxeno (NO2) é a sustancia contaminante con máis presenza no aire e sinalan que induce cambios no bronquio terminal, provocando lesións alveolares difusas en pacientes con problemas respiratorios. Unido a isto, outras partículas contaminantes moi habituais, como son o dióxido de xofre (SO2) e o ozono, producen a irritación e inflamación das vías respiratorias, especialmente naqueles pacientes con problemas respiratorios.

Por este motivo, felicitan a recente decisión do goberno local de Barcelona de aplicar medidas de restrición á circulación na cidade (prohibirase a circulación dos vehículos máis contaminantes a partir do ano 2020 e a finais de 2017 xa se restrinxirá a mobilidade aos vehículos que non conten coa etiqueta ambiental durante os episodios cunha alta concentración de dióxido de nitróxeno (NO2). A SENP sostén que ante a situación actual estas medidas son imprescindibles e chama a aplicalas “con carácter de urxencia” a nivel estatal.

Zonas de Baixas Emisións
Os neumólogos pediatras reclaman a creación de Zonas de Baixas Emisións (ZBE): áreas de tráfico restrinxido para os vehículos máis contaminantes. Así mesmo, co obxectivo de protexer a poboación de maior risco, piden que se inclúan dentro destas zonas os hospitais e centros escolares.

A SENP ofrece, a través do portal divulgativo Respiratranquilo.com (www.respiratranquilo.com), información acerca das principais enfermidades respiratorias, así como consellos e hábitos para as familias e a contorna educativa do menor. Ademais, conta cun consultorio médico en liña, no que se ofrece asesoramento médico totalmente gratuíto.

A Sociedade Española de Pneumoloxía Pediátrica (SENP), formada por 300 neumólogos pediatras, é unha asociación médico-científica sen fins lucrativos, dedicada ao estudo da patoloxía respiratoria pediátrica.

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a Investigacións confirman o impacto da contaminación no risco de asma infantil | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*