Investigacións confirman o impacto da contaminación no risco de asma infantil

A síntese máis grande e actualizada da evidencia científica sobre a relación entre contaminación atmosférica provocada polo tráfico

trafico-contaminacion-asmaOs nenos e adolescentes expostos a niveis altos de contaminación atmosférica teñen un maior risco de desenvolver asma, segundo unha revisión sistemática e análise a gran escala realizada por investigadores do Instituto de Saúde Global de Barcelona (ISGlobal) e da Universidade de Leeds. Aproveitamos para mencionar o estudo ao tempo que lembramos o recente comunicado da Sociedade Española de Pneumoloxía Pediátrica (SENP) en prol da urxencia de aplicar medidas anticontaminación nas cidades.

Estímase que a asma aféctalle a 334 millóns de persoas en todo o mundo e numerosos estudos mostran que a prevalencia da asma infantil haumentou significativamente desde os anos 50. Descoñécese en gran medida o porqué deste aumento, pero os expertos cren que é debido aos cambios nas exposicións ambientais incluíndo a contaminación do aire.

Este estudo, publicado en Environment International, é a síntese máis grande e actualizada da evidencia científica sobre a relación entre contaminación atmosférica provocada polo tráfico rodado e o desenvolvemento de asma infantil.

Os autores revisaron máis de 4.000 estudos epidemiolóxicos publicados entre 1999 e setembro de 2016, e analizaron os datos de 41 destes estudos epidemiolóxicos (moitos deles publicados nos últimos dous anos) que cumprían os criterios de inclusión para o metaanálise

Haneen Khreis, investigadora da Universidade de Leeds e primeira autora da publicación, conclúe que “grazas á análise realizada neste estudo, no que se combinan datos de múltiples estudos, podemos afirmar que existe unha asociación entre a exposición á contaminación atmosférica e o desenvolvemento de asma infantil”.

Problema mundial de saúde

En concreto, a revisión inclúe a exposición ao dióxido de nitróxeno (NO2), ao carbono negro ou hollín e ás partículas en suspensión PM2.5 e PM10 emitidas polo tráfico durante a infancia e o desenvolvemento posterior da asma.

“A nosa análise mostra que os efectos máis fortes están asociados coas exposicións ao carbono negro, un marcador específico dos tubos de escape dos vehículos e un contaminante relacionado co diésel, pero necesítanse máis investigacións para sacar conclusións definitivas, incluíndo a exploración dos contaminantes que van máis aló dos tubos de escape”, segundo Khreis .

Actualmente, moitas cidades de Europa están dominadas polo diésel e existe unha necesidade urxente de reducir as súas emisións. “A contaminación atmosférica ten un gran impacto na saúde da infancia”, destaca Mark Nieuwenhuijsen, coordinador do estudo e director da Iniciativa de Planificación Urbana, Medio Ambiente e Saúde de ISGlobal. “A exposición á contaminación atmosférica é un problema de primeiro nivel mundial e debemos actuar xa”, conclúe.

Referencia bibliográfica:
Haneen Khreis, Charlotte Kelly, James Tate, Roger Parslow, Karen Lucas, Mark Nieuwenhuijsen. Exposure to traffic-related air pollution and risk of development of childhood. A systematic review and meta-analysis. Environmental International. DOI: 10.13140/RG.2.2.13217.81760.

Fonte: Axencia SINC

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*