Amigarimos, zascas e bedéfilos: escollendo o #NeoloxismoDoAno

neoloxismo-do-anoVós tamén sodes de argallar palabras novas? En Neoloxismo.gal propoñen escoller a palabra aparecida en 2016 que máis lles presta aos galegos.

Xa está en marcha a través da web www.neoloxismo.gal a selección do neoloxismo do ano 2016 onde se escollerá a palabra aparecida en 2016 que máis lles presta aos galegos. A iniciativa, argallada polo lingüista Xurxo Diz, abriu a votación pública deica o 18 de decembro! As palabras finalistas son:

AMIGARIMO, (de ‘amigo’ e ‘agarimo’): Persoa con máis intimidade que un/ha amigo/a sen chegar a ser parella. «Habíache atracción, mais ningún buscabamos nada serio, asi que fomos amigarimos por un tempo».

PORCORIL (de ‘porco vietnamita’ e ‘xabaril’): Cruzamento de porco vietnamita e xabaril. «O outro día na fraga case bato coa bici contra un porcoril».

BEDÉFILO, (de ‘BD’): Persoa que gosta de ler banda deseñada. «Antía sempre foi moi bedéfila, nunca falta ás Viñetas desde o Atlántico».

ZASCA (da onomatopea): Retruque con retranca que deixa mal á outra persoa. «Tomounos por parvos e acabou por levar un zasca de carallo».

BREOGANADA (do CB Breogán): Errar cando era moi improbable. «Anda que ti! Fixeches boa breoganada nese exame, co doado que era».

MUSCUTOLA (de ‘músculo’ e ‘tola’): Persoa gay adicta ao ximnasio e a musculación. «O Xiao volveuse unha muscutola, pasa o día enteiro a se ollar no espello».

COCHIMINH (de ‘cocho’, ‘xabarín’ e ‘Ho Chi Minh’, pola súa fuxida ao monte): Cruzamento de porco vietnamita e xabarín. «Vai con ollo coa bici que ándache o monte cheo de cochiminhs».

Non esquezas de espallar a ligazón entre amigos e familiares por Whatsapp, Facebook, Twitter, email… Dirixe a xente cara ao enderezo desta páxina (neoloxismo.gal) e comentar nas redes sociais co cancelo #NeoloxismoDoAno para que todos saiban por que palabra votaches!

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*