Na procura de árbitros para as Ligas de Special Olympics Galicia

O curso é de balde e destínase a todos os interesados en dar un paso máis neste ámbito e colaborar activamente con Special Olympics.

O Comité Galego de Árbitros e Special Olympics Galicia activan o I Curso de formación para árbitros destinados a dirixir actividades organizadas por Special Olympics Galicia, orientadas a persoas con discapacidade intelectual.

special-olympics-galiciaEstreitando os lazos que unen a ambas as institucións, e buscando reforzar a estrutura das competición promovidas no marco da súa colaboración, nestas datas de Nadal, en concreto os días 26 e 27 de decembro; A Federación Galega de Baloncesto (FGB) e FADEMGA Plena inclusión Galicia realizarán o “I curso de formación presencial para árbitros de baloncesto – Special Olympics”.

Na sede da propia FADEMGA, en Santiago de Compostela, os técnicos do Comité Galego de Árbitros impartirán este curso, achegando as bases e criterios da arbitraxe a todos os interesados en dar un paso máis neste ámbito e colaborar activamente con Special Olympics Galicia e co Club Deportivo FADEMGA nas súas ligas e nos diferentes encontros autonómicos que promovan.

A participación neste curso será de balde, previo cumprimento da inscrición precisa e dos requisitos básicos esixidos para a mesma: ser maior de 18 anos e colaborador en entidades sociais.

As solicitudes de inscrición neste I Curso de formación presencial para árbitros destinados ás actividades Special Olympics Galicia deben enviarse vía mail a arbitros@fegaba.com antes do 21 de decembro.

Acordo de colaboración

O pasado mes de abril, a Federación Galega de Baloncesto e Special Olympics Galicia unían esforzos en prol do baloncesto como axente integrador. Da man dos seu presidentes, Francisco Martín por parte da FGB e Eladio Fernández representando Special Olympics Galicia, materializouse un acordo no que a canastra pasa a ser protagonista oficial en programas de acción social.

O noso obxectivo é o de promover a práctica de baloncesto e do baloncesto unificado, entre as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento. O Comité Galego de Árbitros será o departamento federativo encargado de controlar esta actividade designando e formando para a mesma, a través de cursos aos colexiados pertinentes.

Confianza e compromiso

As Ligas de Baloncesto supoñen o punto de partida para o acordo FGB – “Special Olympics”, un proxecto que, durante a súa sinatura, ambos os Presidentes calificaron de ilusionante.

Francisco Martín agradeceu a Special Olympics a “confianza” depositada na FGB que el lidera, a cal “asume este reto con toda a exixencia e respecto que require”.

Pola súa banda, o presidente de Special Olympics Galicia, agradeceu a disposición amosada pola Federación Galega de Baloncesto á hora de colaborar e emprender este proxecto común, que esperamos sexa un paso máis á hora de axudar á integración das persoas con discapacidade intelectual e a normalizar o deportes destinados a este colectivo.

Premios aos participantes nas Ligas de Baloncesto e Fútbol Sala
Convidamos o seu medio a este Encontro que reunirá en Santiago a persoas con discapacidade intelectual e profesionais de toda Galicia

DATA: SÁBADO 17 DE DECEMBRO
HORA: 10:30 horas. Acto inaugural
LUGAR: Auditorio do Colexio La Salle (Santiago de Compostela)
Inaugurarán a xornada:

– Dona Fabiola García Martínez Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade Xunta de Galicia

– Dona Noa Morales Sánchez, Concelleira de Xuventude, Deporte e Benestar animal Concello de Santiago de Compostela

– Don Agustín Hernández Fernández, Grupo Municipal PP Concello de Santiago de Compostela

– Dona María José Corral López, Grupo Municipal PP Concello de Santiago de Compostela

– Don Eladio Fernández Pérez, Presidente de Special Olympics Galicia

O Club Deportivo FADEMGA coa promoción de Special Olympics Galicia e a colaboración do Colexio La Salle, celebra este sábado 17 o acto de entrega de trofeos das Ligas de Fútbol Sala e Baloncesto 2016.

Máis de 200 deportistas con discapacidade intelectual, daranse cita no Colexio La Salle para poñer punto e final ás Ligas Special Olympics Galicia 2016, uns xogos que se veñen organizando cada ano a través de diferentes localidades galegas.

Coa organización destas actividades, Special Olympics Galicia pretende animar a tódalas persoas con discapacidade intelectual a practicar deporte, deixando de lado as diferentes limitacións e priorizando e fomentando as cualidades de cada atleta.

Voluntarios, profesionais e mestres do Colexio La Salle, quenes veñen prestando o seu apoio desinteresado na organización dos diferentes actos deportivos tamén participarán neste acto, a través de diferentes actividades de ocio e actuacións que amenizarán a xornada.

Special Olympics Galicia é a Asociación de Pais, Profesionais e Amigos de persoas con discapacidade intelectual, que ten como finalidade a promoción e a inserción social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, mediante o lecer o tempo libre, a cultura e o deporte.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*