Concurso “Bibliotráiler” de Leer.es

leer-esConvocatoria para alumnado de Bacharelato, ESO e 3º Ciclo de Primaria.

O portal Leer.es decidiu impulsar a creación dun BIBLIOTRÁILER no que se recollan os mellores tráileres de animación baseados nunha obra literaria presentados polos centros educativos. Con esta iniciativa preténdese axuntar o fomento da lectura co desenvolvemento de técnicas de animación e o uso das novas tecnoloxías. Os tráileres publicados en leer.es poderán, así mesmo, ser utilizados como material de animación á lectura.

Participantes
A convocatoria está dirixida a estudantes que cursen durante o período 2016-2017 algunha dos seguintes ensinos oficiais:
a) Terceiro Ciclo de Educación Primaria.
b) Educación Secundaria Obrigatoria.
c) Bacharelato.

A participación na convocatoria realizarase a través do centro docente no que os alumnos estean a cursar os seus estudos.

Requisitos dos proxectos
1. En todos os casos, os proxectos serán orixinais e serían realizados durante o curso 2016-2017.

2. O proceso da realización do tráiler poderá seguir os pasos indicados na guía didáctica proposta (que se pode consultar en leer.es). Ao final da obra audiovisual deberá aparecer a modalidade de participación, o curso dos participantes e o nome do centro educativo.

3. O tráiler durará entre 30 e 90 segundos.

4. O formato dos vídeos pode ser AVI, MP4 ou MPEG.

5. Opcionalmente, o proxecto pode incluír medidas de atención á diversidade como a transcrición e subtítulos, así como entregar os materiais de preprodución en formato dixital.

Criterios de valoración

1. A calidade artística dos traballos, prestando especial atención ás técnicas de animación empregadas.

2. A calidade lingüística dos traballos, a súa capacidade de síntese e o guión literario.

3. A orixinalidade e creatividade ao explorar enfoques innovadores.

O prazo de presentación de traballos estará aberto deica o próximo 16 de maio. Os tráileres seleccionados publicaranse na mediateca do portal Leer.es

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*