VII Edición de “Curtas para Rosalía”

O evento organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega ten a preinscrición aberta deica o 1 de febreiro de 2017.

certame-curtas-rosalíaAquelas persoas que queiran presentar obras a este certame poderán facelo atendendo a un dos seguintes criterios:
1.- Obras cuxa temática xeral sexa a persoa de Rosalía de Castro, as súas obras ou algún elemento que destaque a súa vida, traballo ou calquera outro punto de interese da escritora como tal ou do seu contorno.
2.- Obras cuxa temática se centre, interprete ou explore calquera texto de calquera época da Literatura Galega ou da súa tradición oral.

A inscrición será realizada polo director, directora, produtor, produtora ou calquera membro responsábel da obra que pretenda concursar, e constará de dúas fases:
1.- Na primeira fase o director/a, produtor/a ou calquera membro responsábel da obra, enviará un correo electrónico a informacion@as-pg.com en que constará nome e apelidos e contacto (teléfono e correo electrónico) e manifestará a intención de participar no certame. Esta preinscrición, que é gratuíta, haberá de se facer antes do 1 de febreiro de 2017, e ten como finalidade poder comunicar calquera modificación, ampliación ou variación dalgún dos conceptos que aparecen nestas bases, tal e como se recolle na base 7.

2.- Na inscrición e recepción definitiva, até as 14 horas do 10 de maio de 2017, os/as participantes deberán enviar a seguinte DVD (en formato dvd_vídeo, .mov, ou mp4) con copia do filme ou filmes que optan ao certame e a documentación que se menciona nas bases completas que se poden consultar no web da AS-PG

Normas de participación

Poderán optar aos premios as curtas rodadas en calquera sistema de gravación (cine, vídeo, outros), inéditas ou que fosen estreadas entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 10 de maio de 2017. As obras presentadas terán que ser presentadas en soporte DVD  e recepcionadas antes das 14 horas do día 10 de maio no local da AS-PG, enderezo postal que figura no apartado 4 destas bases, acompañadas da documentación que neste mesmo apartado 4 se solicita.

A duración non excederá en ningún caso os 30 minutos, créditos incluídos. O idioma (audio e texto) das obras presentadas será o galego, non admitíndose ningún outro agás para a incorporación de textos de Rosalía. Neste caso poderá incorporarse no idioma en que foron redixidos.Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras.

No web da AS-PG, no espazo: http://bitaculas.as-pg.com, serán publicadas as curtas admitidas a concurso. Así mesmo, serán publicadas as obras finalistas en cada categoría. As obras admitidas poderán ser emitidas naqueles actos organizados para a promoción do festival, sempre sen ánimo de lucro.

Nesta VII edición do Certame hai dúas categorías, unha delas é especificamente para curtas elaboradas por Centros de Ensino.
a) Categoría mellor Curta da VII edición
b) Categoría mellor Curta VII edición de Centros de Ensino

Toda a información aquí:
http://bitaculas.as-pg.gal/blog/2016/11/02/vii-certame-curtas-para-rosalia/

Podes ver aquí as pezas premiadas no certame anterior

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*