Roga e albaroque ambiental en Lousame

albaroque-ambientalVerdegaia organiza esta actividade o 28 de xaneiro nos terreos da comunidade de montes de Froxán.

O sábado 28 de xaneiro botámonos ao monte. A proposta é facermos unha roga, un traballo colectivo nos terreos da comunidade de montes de Froxán, en Lousame. A tarefa será limpar o terreo de especies invasoras, entre elas brotes de eucalipto, para deixar espazo a outras propias como os carballos novos que están a medrar.

O punto de encontro será o lugar das minas de San Fins, no mesmo concello de Lousame, ás 10:30 da mañá. Dende alí desprazarémonos aos terreos e traballaremos até a hora do xantar, que correrá a cargo da Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins. Despois, se o tempo acompaña, poderiamos facer algún pequeno percurso polo lugar.

Información e inscricións na web de Verdegaia

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*