Xogando na neve!

Vai un chisco de frío por estas datas! Pero co frío chega tamén a neve ás montañas. A familia Trebón viaxou esta vez a unha coñecida montaña galega, a Manzaneda! E viñeron preparados para aproveitar a neve o mellor posible. Vai ser unha xornada ben divertida! Acompañámolos e vemos que tal o pasan? Imos aló!

Ademais do ecoconto, o Caderno Verde de Sogama tráenos desta volta tamén un par de imaxes para colorear: Vito e Lilia na neve e un paxaro contemplando a paisaxe

 


cap33_cadernoDa man da Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA), chegan á rede de balde as aventuras dun grupo de amigas e amigos moi especial, a Familia Trebón, que axudan a explicarlles aos máis cativos o que todos e todas podemos facer polo medio ambiente.

‘A familia Trebón no Planeta Verde’ é unha serie de contos en formato dixital que relata as ‘ecoaventuras’ protagonizadas polos cativos Lilia e Vito xunto cuns inesperados compañeiros chegados do espazo exterior: Carola Trebón, Anselmo Trebón e Lucas Trebón.

Podes consultar tamén a actividade de Sogama nas redes sociais:

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*