Nova entrega de ficha didáctica no Caderno Verde de Sogama.
Neste caso, o Caderno Verde de Sogama tráenos unha ficha para as aulas de Lingua do primeiro ciclo de Educación Primaria.
Mirade canta roupa vella sacamos dos armarios! Que facemos con ela? Brais apuntou algunhas ideas. Mentres, Mireia vai levar cartóns, papeis, revistas e xornais vellos a un contedor que hai na rúa. Sabes a cal? Pero antes de baixar á rúa, Mireia aproveita algúns destes materiais para xogar. Con cartón e papel fixo o taboleiro dun xogo. Vexamos todo o que fan os nosos amigos e amigas de Vilaverde!
Descarga a ficha no Caderno Verde: Na sala de lecer