Unha app para a creación e personalización de contos.
Toontastic3D é a ferramenta máis nova que ata o momento saíu dos laboratorios de Google para educar a nenos e nenas a través dunha tablet electrónica.
Con Toontastic 3D, os nenos poden debuxar, animar e narrar as súas propias aventuras, noticias, traballos escolares, etc. Todo o que necesitan facer é mover personaxes na pantalla e contar a súa historia. Segundo presentan desde Google, a intención sería crear un pequeno “teatro de monicreques dixital”, pero con mundos 3D interactivos, decenas de personaxes personalizables, ferramentas de debuxo en 3D e un laboratorio de ideas con exemplos de historias para inspirar novas creacións.
Moitos xa lembraredes o Toontastic orixinal (lanzado en 2011 e amplamente difundido entre a comunidade educativa en todo o mundo). Agora, Toontastic 3D dá un paso máis para perfeccionar aquela primeira ferramenta.
Toontastic 3D está dispoñible e pódese descargar gratuitamente para teléfonos, tablets e Chromebooks, tanto en Google Play Store como en iOS App Store.