Iniciativa musical en prol da paz percorre a rede.
“Desde a convicción que ten o poder da música e como a través dela podemos chegar a todas as partes do mundo e, por que non, conseguir que se escoite a chamada da paz a unha guerra inxusta”. Así se prendía na rede a semente dunha iniciativa, promovida por profesorado e alumnado de educación musical de Castela e León, que aproveitando o Día Escolar da Paz e a Non Violencia, lanzou ás redes unha iniciativa da comunidade educativa contra a guerra.
O éxito do proxecto, que axiña se difundiu a través da rede a múltiples centros educativos, inclúe tamén a implicación de escolas galegas. Da man de Patricia Sánchez e Lucía Paz Rocha chegou tamén a versión en galego:
“(…)Andan dicindo pola tele/ que xa só lles queda o vento/ o mesmo que nunca fai falla/ para izar bandeira branca/ sen conflitos de por medio/ Como te atreves a volver/ ferir con guerras/ un precioso pobo(…)”
Aquí podedes ver e descargar a versión Karaoke en galego
https://drive.google.com/file/d/0B0QtgXN-3b5mMVZ2ZUhTTDZSTTA/view
Ademais, recomendámosvos na web de Patricia Sánchez, A fiestra da mestra, o seu proxecto “Nos pés dos refuxiados”