XIII Edición de Imatxina

XIII Edición de Imatxina Iniciativa para a divulgación matemática.Iniciativa para a divulgación matemática.

A Fundación Escola Rosalía e a Fundación Barrié, co asesoramente pedagóxico de Agapema (Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática), organiza a XIII Edición de IMATXINA, evento xurdido en Vigo e que este ano terá sede tamén na cidade da A Coruña.

Os obxectivos da iniciativa son:
Sacar as matemáticas das aulas e achegalas á sociedade dende un punto de vista manipulativo e participativo.
Favorecer o uso de materiais didácticos para o tratamento dos programas curriculares.
Amosar a través destas tarefas que todos os cidadáns poden facer matemáticas, é dicir: argumentar, analizar, decidir, demostrar, descubrir, razoar …
Sensibilizar aos distintos sectores educativos, de que as matemáticas poden ensinarse e aprenderse de xeito atractivo.
Acadar o apoio das distintas institucións do eido da educación e da cultura para seguir espallando en todos os niveis unha maior e máis axeitada formación matemática.
Aprender a traballar en equipo valorando e respetando as opinións propias e ás dos demáis e fomentando a imaxinación e a creatividade.

Imatxina terá lugar:
A semana do 13 a 17 de febreiro na Coruña
Do 7 ao 24 de marzo en Vigo

Aquí o programa completo

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*