Quero Cantar! O disco xa está listo!

Quero Cantar, certame de música infantil en lingua galegaAs pezas dos finalistas do certame do ano pasado conforman un fermoso álbume.

Hai un ano que nacía o “Quero Cantar”, concurso inspirado no pioneiro certame musical Cantareliña e nado para a alentar a paixón musical e promocionar a música infantil en galego coa memoria naquel lema que dicía “Mentres canten os meniños Galicia será inmorrente”. Agora, vimos de coñecer que xa está na rede para descarga o disco que xunta as dez pezas finalistas do certame do pasado ano 2016.

As pezas son:

1. “Durme, Elsiña” — COLAXE
2. “A árbore tropical” — LEILA SANTOS
3. “Escola” — XENTE MIÚDA DE SAN ORENTE
4. “Soños” — COLEXIO MANUELA RIAL MOUZO
5. “Samaín” — BANDA BATUKE DO COLEXIO FILLAS DE XESÚS
6. “Imos ver” — CANTA CON NÓS
7. “Queremos cantar” — CEIP CAMIÑO INGLÉS
8. “Antón” — PROXECTO NORDÉS
9. “Miña terra galega” — AARÓN E MIRIAM PÉREZ PARDIÑAS
10. “Eu vivo” — OS BANANAS

E aquí pode descargarse: http://querocantar.gal/descargas/

Durme Elsiña, de Colaxe, a peza gañadora

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*