Ata o 30 de maio poden enviarse propostas.
Os resultados xerais de dous dos máis importantes programas de avaliación internacional a gran escala, PISA e TIMSS, están dispoñibles desde o día 6 de decembro de 2016 (PISA) e 1 de xaneiro de 2017 (TIMSS). Por este motivo a Revista de Educación, publicación científica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte español, lanza unha convocatoria pública para a recepción de traballos de investigación, análise e ensaios acerca dos resultados de tales avaliacións.
Teñen cabida todas as achegas que se centren tanto nos resultados estatais como en comparacións internacionais, análises de tales datos ou reflexións acerca dos mencionados programas.
Datas:
- Inicio do prazo para a recepción de orixinais: 01/02/2017
- Peche do prazo para a presentación de orixinais: 30/05/2017
Envío de artigos
Os artigos enviaranse exclusivamente a través da Plataforma de Xestión de Revistas RECYT da Fundación de Ciencia e Tecnoloxía.
Para realizar o envío correctamente debe consultar as Normas para a presentación de orixinais da Revista de Educación, principalmente o apartado II: Presentación e envío de artigos.
Os artigos serán sometidos a revisión por pares seguindo o esquema dobre cego.