Mingua o uso do galego nas escolas de Infantil das cidades

Redúcese o uso do galego nas escolas de Infantil das cidadesUn informe da Mesa para o treito Infantil 3 a 6 anos advirte do aumento de aulas que o exclúen nas principais urbes.

En ningún centro a lingua exclusiva é galego mais, pola contra, existen moitos onde a única lingua nas aulas é castelán, en porcentaxes que varían desde o 1% nos concellos de menos de 5000 habitantes, ao 33% das cidades. Así o indica o informe “A Lingua Galega na educación infantil de Galiza de 3 a 6 anos”, elaborado pola Mesa pola Normalización Lingüística e que foi presentado este xoves. O estudo, realizado anualmente, sobre a situación do galego nas aulas de educación infantil, pasa nesta edición de recoller os datos das sete cidades a ocuparse do conxunto do país.

Respecto do dato anteriormente mencionado, só Vigo e Pontevedra modifican un contexto xeral de aumento da exclusión do galego con cifras que incluso no caso de Vigo acadan o 55%. En casos como o de Lugo a exclusión absoluta do galego pasou do 0% ao 13%; do 6% ao 24% en Ourense; do 0% ao 7% en Santiago; do 7% ao 30% na Coruña; ou do 0% ao 29% en Ferrol. Dende o colectivo cualifican de “escandaloso” este aumento xeneralizado da eliminación do galego das aulas de Infantil.

Nos datos recollidos obsérvase a fractura entre o ámbito rural con maior presenza do galgo e o urbano onde a presenza do castelán mesmo coa exclusión absoluta do galego é evidente. Ademais das horas dedicadas a cada lingua, durante o proceso de enquisas preguntouse sobre os materiais se usan no desenvolvemento educativo e en que idioma están estes materiais, atopándose escasa presenza de materiais en galego fronte a materias didácticos en castelán e inglés.

Máis información na web da Mesa

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*