Días 26, 27 e 28 de abril de 2017. En Madrid.
O I Congreso de Neurociencia aplicada á Educación pretende ser un foro de encontro e discusión conxunto, para docentes e especialistas que difundan e compartan os seus coñecementos, experiencias e investigacións no ámbito da neurociencia aplicada á educación.
Celebrarase os días 26, 27 e 28 de abril de 2017 no salón de actos da Residencia de Estudantes de Madrid. Manuel Carreiras, Fernando Cuetos, Francisco Mora, Ignacio Morgado e Tomás Ortiz serán algúns dos relatores que participarán no Congreso.
Está dirixido a docentes das etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, así como aos estudantes de Grao en Maxisterio e estudantes do Máster de Formación do Profesorado.
Os obxectivos que se perseguen coa celebración deste primeiro congreso sobre neurociencia son:
- Impulsar e promover a neurociencia aplicada á educación a través da presentación do Plan Nacional de Neurociencia aplicada á Educación do MECD.
- Difundir e compartir coñecementos, investigacións, experiencias, iniciativas e boas prácticas, tanto institucionais como persoais, no ámbito da neurociencia aplicada á educación.
- Formar o profesorado das etapas educativas non universitarias e os futuros docentes neste campo para que melloren as súas competencias profesionais docentes.
- Promover e facilitar a coordinación entre as Administracións educativas e órganos administrativos implicados para aplicar o Plan Nacional de Neurociencia aplicada á Educación.
- Proporcionar un foro de encontro e discusión que permita difundir e compartir os seus coñecementos, experiencias e investigacións sobre a aplicación da tecnoloxía para mellorar o rendemento académico do alumnado.
- Potenciar e promover a utilización dos recursos tecnolóxicos como medio para alcanzar unha educación de calidade para todos e desde todas as áreas/ámbitos de aprendizaxe.
Estes obxectivos desenvolveranse ao redor das seguintes áreas temáticas:
- Introdución e coñecemento da Neurociencia aplicada á educación.
- Coñecemento do funcionamento do cerebro na adquisición da linguaxe e as funcións executivas.
- Prevención e detección temperá de distintas dificultades da aprendizaxe.
- Medidas de atención ao alumnado con dificultades de aprendizaxe e con altas capacidades.
- Medidas de atención á diversidade (organización de centros, metodoloxías de aula, recursos de apoio e accesibilidade).
- Formación inicial e permanente do profesorado para mellorar a súa actuación docente.
O prazo de inscrición estará aberto desde o 1 ata o 31 de marzo de 2017. As solicitudes tramitaranse a través da Sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.