O esforzo en políticas de paridade para o cambio cultural leva as mulleres a cargos de responsabilidade

O esforzo en políticas de paridade para o cambio cultural leva as mulleres a cargos de responsabilidadeAs sociedades consideradas máis “masculinas” definen os roles de xénero de forma tradicional e estereotipada.

As sociedades consideradas máis “masculinas” definen os roles de xénero de forma tradicional e estereotipada, tendo visións máis pechadas sobre a diversidade de papeis que homes e mulleres poden desempeñar dentro da organización social.

Os países nórdicos como Suecia e Finlandia, con valores culturais baixos en masculinidade e distancia ao poder, teñen a maior presenza de mulleres nos consellos (23,3% e 19,9% respectivamente). Mentres que Xapón con valores culturais altos, sobre todo en masculinidade, presenta a porcentaxe máis baixa (2,1%). España sitúase na escala de Hofstede con valores medios en ambas as dimensións, alcanzado 9,2%

“Hoxe día podemos constatar os esforzos que os diversos gobernos están a levar a cabo para promover as políticas de paridade. Estes esforzos institucionais fannos reflexionar sobre os fortes cambios culturais que se haberán de producir en moitos países ou, noutro caso, a dificultade de cumprir coas políticas establecidas, ou mesmo, a pouca efectividade da súa aplicación”, comenta Amalia Carrasco, investigadora da Universidad de Sevilla. Refírese Carrasco á avaliación específica e relativamente obxectiva da cultura país realizada no marco deste traballo, que usou as catro dimensións propostas polo traballo seminal de Hofstede (1980, 1991, 2000), como indicadores dos valores culturais agregados dunha sociedade que nos permite realizar análises comparativas entre países. Adicionalmente, controláronse outros factores que poden afectar á representación da muller nos consellos, como o tamaño do consello, o sexo do presidente do consello, tamaño da empresa, rendibilidade, sector industrial e códigos de bo goberno.

“Distancia ao poder” e “masculinidade”

O estudo, no que participan tamén o HEC Montreal e a Universidad de Cádiz, e titulado “Appointing Women to Boards: Is there a Cultural Bias?”, foi publicado no Journal of Business Ethics, e revela xa que logo que certos aspectos da cultura de cada país contribúen a determinar o nivel de representación da muller nos consellos da administración das empresas. Concretamente, dous son os máis significativos: “distancia no poder” e “masculinidade”.

Este estudo compara o nivel de representación da muller nos consellos de administración dunha mostra de 7.302 empresas cotizadas de 32 países en 2011 e segundo os seus resultados, as empresas que operan en países onde se acepta a desigualdade na distribución de poder nas institucións e organizacións, tenden a ter menor proporción de mulleres nos seus consellos, e cando os valores como asertividade, desempeño, éxito e competitividade, asociados co rol masculino prevalecen no país, a proporción de mulleres nos consellos de administración tamén se reduce.

Referencia bibliográfica: Appointing Women to Boards: Is There a Cultural Bias? Amalia Carrasco Gallego, Claude Francoeur, Réal Labelle, Joaquina Laffarga, Emiliano Ruiz-Barbadillo. January 1, 2015. Publicado en Journal of Business Ethics, Vol. 129, 2015. http://ssrn.com/abstract=2643861.

Fonte: Universidade de Sevilla

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*