Decálogo para un Bo uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación

Dez claves para un bo uso, sen abuso, e con responsabilidade.

O decálogo foi elaborado recentemente pola Asociación Española de Pediatría en Atención Primaria:

1.As Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) poden ser moi positivas para a aprendizaxe de nenas e nenos e adolescentes. Tamén permiten adquirir habilidades tecnolóxicas que necesitarán no seu futuro.

2.Pero un mal uso pode xerar problemas físicos (dor de costas, fatiga ocular, problemas do sono, sedentarismo…), académicos (menor concentración ou rendemento…), psíquicos (adicción, tensión…) e sociais (illamento, perda de interese…).

3. As nais e os pais deben formarse e informarse para educar os seus fillos nun uso responsable. Seren un modelo para eles. Estableza normas e poña límites. Non use videoconsolas, tabletas, computadores, teléfonos intelixentes (smartphones)… antes dos 2 anos. Pola noite, e durante as comidas, gárdeas nun lugar común, respectando os momentos de comunicación familiar e o descanso.

4.Evite que accedan a contidos de risco (bulimia, anorexia, violencia, pornografía, pedofilia, consumo de drogas, xogos, fraudes comerciais, vídeos de moda con condutas de risco, etc…). Estableza programas de control parental. Teña en conta a orientación por idades e temáticas dos videoxogos e programas de entretemento (código PEGI).

5.Protexa todos os dispositivos con conexión á rede con antivirus, bloqueos de pantalla, contrasinais e códigos fortes. Actualice os sistemas operativos e os seus programas.

6.Ollo cos contidos que soben na internet. Ensínelles o valor da privacidade propia e dos demais. O que se sobe á rede pódese modificar, compartir e pode permanecer para sempre.

7.Débeseselles ensinar o respecto aos demais. O ciberacoso ou ciberbullying é cando entre menores se insultan, ameazan, chantaxean e humillan de forma reiterada a través dunha rede social. O sexting é o envío de material erótico ou pornográfico a través dunha rede social. Ambos poden ter serias repercusións: sociais e emocionais para quen o sofre, e legais para quen o realiza.

8.O menor non debe contactar nin seguir en redes sociais a quen non coñece na vida real. E menos acudir a unha cita. O grooming prodúcese cando un adulto se fai pasar por menor, para chantaxealo e abusar sexualmente del.

9.Ás veces os problemas relacionados coas TIC detéctanse tarde. Teña unha boa comunicación co seu fillo ou filla. Preste atención a cambios físicos, emocionais ou do comportamento.

10.Ante un caso de sospeita ou certeza de ciberacoso ou grooming débese actuar sempre de forma inmediata. Hai que afastalos do acosador e denunciar o feito. Se a situación é grave pida axuda a un profesional (pediatra, psicólogo, psiquiatra ou policía experto en delitos tecnolóxicos). Para previlo, e que non suceda, recorra á policía escribindo a estes correos: participa@policia.es e seguridadescolar@policia.es

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*