Esta lista de reprodución presenta a selección de vídeos participantes no concurso “Explícoche Matemáticas 2016”.
- A peza gañadora nesta edición do 2016 foi para o traballo ‘As matemáticas que gañaron a Segunda Guerra Mudial’, de Álvaro Cañete Rosell, Carolina Grille Sieira e Clara Vales Fernández, de 3º da ESO do Colexio Obradoiro da Coruña. Baixo a titorización de Jonás González Guinea.
- O premio ao vídeo mellor valorado polos internautas foi para ‘Múltiplos e euros’, de David Barros Caamaño, Juan Busto Zúñiga e Eloy Rubín Ramos Bouzas, de 4º da ESO do CPR San Fermín, de Caldas de Reis, Pontevedra. Baixo a titorización de Miguel González Taboada.
- E a peza gañadora na sección de universidade recaeu no vídeo ‘Unha viaxe de París a San Francisco’, de Andrea Vilar Álvarez, estudante de 3º curso do grao en Matemáticas, da Facultade de Matemáticas da USC.
TODAS AS PEZAS NESTA LISTA DE VÍDEOS:
[…] Aquí podedes ver as pezas gañadoras na edición anterior, en 2016 […]