Espazo Lectura rompe relacións co Concello de Gondomar polo seu nulo apoio ás súas actividades

Dende hai case unha década, a asociación Espazo Lectura, de Gondomar, é un referente na promoción e o fomento do hábito lector en todo o país (e tamén alén das nosas fronteiras). Mais esta experiencia, premiada en numerosas ocasións, e que implica a familias e veciñanza do Val Miñor, non é profeta na súa terra, ou, mellor dito, non é profeta na administración local. Así, despois de numerosos desencontros e diverxencias, a asociación anunciou este venres que rompía relacións co Concello de Gondomar e que renunciaba a facer máis actividades na Biblioteca Municipal e que renunciaba a unha reserva de crédito de 5.000 euros

En Letra en Obras podedes ler o comunicado de Espazo Lectura ao respecto: “Fixemos todos os esforzos posibles por recuperar o diálogo”

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*