Premio de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas

Premio de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras GalegasEn dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos. Prazo aberto ata o 16 de xuño. Organiza a EGAP.

Co gallo do Día das Letras Galegas e de render homenaxe á figura de Carlos Casares, a Escola Galega de Administración Pública convoca no DOG do 16 de maio as bases dun concurso de literatura infantil e xuvenil destinado ás nenas e aos nenos galegos con idades comprendidas entre estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos.

As nenas e os nenos interesados en participar deberán redactar un conto en lingua galega de temática libre. Os textos deberán ser presentados en folios A4, mecanografados por unha soa cara, a un espazo e medio, con formato de fonte Times New Roman, tamaño 12 e cunha extensión mínima dun folio e máxima de cinco.

A solicitude, que deberá formalizarse segundo o modelo do anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, irá acompañada dun sobre tamaño folio, pechado, coa seguinte inscrición “Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas”, no cal constarán o pseudónimo e o título do conto. Este sobre incluirá:

1. O texto do conto en folio formato A4. Na cabeceira indicaranse exclusivamente o título do conto presentado e o pseudónimo. Neste texto non poderá figurar ningún dato que permita identificar a persoa participante e romper o anonimato.

2. Un sobre pequeno pechado no cal constará o pseudónimo e o título do conto. Este sobre conterá os seguintes documentos:
Boletín de inscrición (anexo II), que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Fotocopia do libro de familia onde consten os datos de nome, apelidos e idade do/da menor que se presenta ao concurso.

Prazo e lugar de presentación de solicitudes: desde o 17 de maio ata o 16 de xuño. As solicitudes, xunto co sobre pechado, deberán presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, empregando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*