Foro Humboldt: unha oportunidade para reflexionar sobre o Medio Ambiente

Foro Humboldt: unha oportunidade para reflexionar sobre o Medio AmbienteO 5 de xuño no Paraninfo da Universidade da Coruña.

Organiza
Concello da Coruña, Museos Científicos Coruñeses
Universidade da Coruña

Colabora
CEIDA
Instituto de Estudios José Cornide
Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Descrición da actividade
O “Foro Humboldt Coruña” constitúese como un ámbito de estudo e debate impulsado por institucións da comarca coruñesa que sitúa como referencia a figura do científico Alexander von Humboldt, co fin de converterse nunha ferramenta capaz de contribuír a comprender e afrontar os retos do presente e do futuro a través da ciencia, humanismo, medio ambiente e educación.

Obxectivos
• Reflexionar de xeito crítico sobre os retos que afronta o Medio Ambiente.
• Favorecer o intercambio entre as culturas.
• Actuar con vocación de ámbito de diálogo internacional.
• Partir dos problemas e preocupacións da cidade da Coruña e comarca.
• Contribuir ao deseño do futuro da comarca da Coruña ante os retos ambientais.
• Facilitar o empoderamento de toda a sociedade en materia ambiental e científica.
• Conectar a Coruña coa extraordinaria aventura científica desenvolta por Humboldt.
• Reforzar a importancia da ciencia e a súa comunicación como elemento clave da contemporaneidade.
• Estimular o espíritu colaborativo entre persoas e institucións que o impulsan e outras que poden sumarse ao proxecto.
• Potenciar á xeración de inquietudes científicas e ambientais, o espírito de exploración e o compromiso.

Programa
12.00 h. Inauguración
• D. Xulio Ferreiro Baamonde, Alcalde do Concello a Coruña.
• D. Julio Abalde Alonso, Reitor da Universidade da Coruña.

12.30 h. Presentación dos obxectivos do Foro Humboldt Coruña.

12.45 h. Conferencias
• Humboldt, unha fiestra á modernidade científica, ambiental e cultural contemporáneas. D. Xosé Antón Fraga Vázquez, director do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses.
• Comunicación e humanismo naturalista e ambiental ao redor de Humboldt. D. Antonio Sandoval Rey, escritor e divulgador ambiental.

13.30 h. Lectura e música inspiradas na aventura científica de Humboldt. Estíbaliz Espinosa Río e Isabel Gómez Alonso.

A actividade non precisa inscrición e a entrada é de balde, pero prégase confirmar asistencia no correo ceida@ceida.org ou no telefono 981 630 618.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*