Visions do futuro

Mostra na Casa das Ciencias da Coruña.

A NASA e o Jet Propulsion Laboratory encargáronlle, a un grupo de deseñadores, unha serie de carteis que debían inspirarse en proxectos e descubrimentos actuais para imaxinar as misións do futuro. O resultado é esta colección de anuncios de viaxes polo sistema solar e outros sistemas planetarios.

Cunha estética que lembra á das axencias de viaxe nas orixes da aviación comercial, a colección proponnos unha reflexión sobre un futuro no que a humanidade poida desprazarse polo universo.

A exposición pode verse na planta baixa da Casa das Ciencias e consta de 14 carteis desenvolvidos por nove artistas contratados pola NASA.

Ilustradores 
– Liz Barrios De La Torre (Ceres, Europa)
– Stefan Bucher (Jupiter Design)
– Invisible Creature (Grand Tour, Mars, Enceladus)
– Joby Harris (Kepler 16b, Earth, Kepler 186f, PSO J318.5-22, Titan)
– Jessie Kawata (Venus)
– Lois Kim (Typography for Venus and Europa)
– Ron Miller (Jupiter Illustration).

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*