OlloBoi 2017: e as gañadoras e gañadores son…!

A festa do audiovisual escolar entregou en Boiro os seus galardóns anuais.

Olloboi é un Festival Audiovisual orientado a producións audiovisuais de ámbito escolar e académico, promovido pola asociación do mesmo nome, promovida por docentes de secundaria. Como cada ano, Olloboi celebrou o seu festival anual, onde o xurado fixo peneira do máis destacado da produción audiovisual das escolas do país. Velaquí todas as pezas premiadas:

Premio á mellor interpretación:

Non significa non, do IES de Mugardos

 

Efecto bolboreta, do IES Macías o Namorado de Padrón

 

Premio á mellor montaxe:

Esta son eu, do IES de Cacheiras

 

Premio ao mellor guión:

Ariadna quere ser Teseo – A muller lamprea VI, do IES As Barxas

 

e Máis che vale non ser ti, do IES A Cachada, de Boiro

 

Premio Arte:

Os xeranios do señor Alfonso, do CPI Virxe da Saleta de Cea

 

Premio á mellor banda sonora:

Para ‘Aínda que sexa un soño’, peza escrita e interpretada por alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato do IES As Barxas:

 

Premio á mellor fotografía:

En el baño, do Centro Educativo Galén de Lugo

 

Premio ao mellor traballo na etapa de Educación Primaria:

O cole que queremos, do CEIP do Carballal de Marín

 

Premio ao mellor traballo na Educación Superior:

Astral, da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo

 

E, por último, aproveitamos para achegarvos tamén aquí o vídeo que fixeron a xente do CEIP O Carballal, de Marín, acerca do evento deste Olloboi 2017:

 

Tamén aquí unhas imaxes tiradas polo actor Miguel de Lira, un dos participantes no evento:

E na web do Festival podedes facer repaso de todiñas as pezas finalistas

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a Olloboi 2018 | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*