As OQO-pezas galardoadas na edición 2017 de ‘Nós tamén Creamos!’

Aquí os vídeos dos centros premiados: CEIP de Santo Paio de Abaixo de Redondela, Alfonso D. Rodríguez Castelao de Vigo e Mestre Rodríguez Xixirei de Santiago.

Na modalidade de educación infantil o xurado acordou concederlle o premio ao profesorado e ao alumnado do CEIP de Santo Paio de Abaixo, de Redondela, polo traballo “Que mal cheira!”.

Na categoría de 1º e 2º de educación primaria, o centro galardoado foi o CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao de Vigo, polo filme “O mundo nos ollos”.

O compostelán CEIP Mestre Rodríguez Xixirei fíxose co premio na categoría de 3º e 4º de primaria pola curtametraxe “A guerra dos números”.

‘Nós tamén creamos!’ é un programa de dinamización lingüística que desenvolven a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, e a CRTVG en colaboración con OQOeditora.

Mediante a elaboración de curtas de animación en galego coa técnica stop-motion que adaptan narracións literarias, búscase favorecer a innovación educativa para promover xeitos cada vez máis efectivos de aprendizaxe de linguas; conseguir unha relación positiva dos rapaces co idioma propio de Galicia, ao relacionalo co audiovisual e coas TIC; abrir unha nova oportunidade para que as nenas e nenos se acheguen á lectura en galego; fomentar a creatividade en lingua galega e difundir as posibilidades de ocio en galego que ofrece a TVG.

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a ‘Nós tamén creamos!’, aberta a edición 2018 | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*