Presentada unha base de datos de acceso na rede.
A pasada semana presentouse no Consello da Cultura a primeira base de datos en liña sobre o Patrimonio Lúdico Galego. O material estará accesible desde o sitio web accesible desde os enderezos www.xogostradicionais.gal e www.xogospopulares.gal
A iniciativa deuse a coñecer nun acto no que participaron Zeltia Labraña, da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, Xosé Darriba Pérez e Xosé Lombardero, de Xotramu (Xogos Tradicionais Muimenta); Carmela Sánchez Arines por parte de Etnoga; Olga Conde en representación de Brinquedia, a Rede Galega do Xogo Tradicional; Paco Veiga, da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional; e Rebeca Blanco Rotea, coordinadora da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega.