No espazo en Facebook do certame ‘Quero Cantar’ veñen publicándose nos últimos días as pezas participantes nesta segunda edición do concurso de música infantil e xuvenil. Esta semana anunciouse tamén a composición do xurado do Quero Cantar, que estará constituído polas seguintes persoas:
Presidenta: Mª Goretti Sanmartín Rei
Vogais:
Andrea Porto Mato
Manuel Maseda Deán
Paula Romero Canedo
Sonia Lebedybski Diéguez
Xiana Lastra Pernas
Secretaria: Mercedes Fernandez- Albalat Ruiz
A reunión do xurado vaise realizar o vindeiro mércores, 5 de xullo, ás 10.00 da mañá, na sede da Deputación provincial da Coruña, logo da cal se coñecerán os gañadores do certame. Deica esa data poderemos seguir vendo as pezas nas redes sociais! Velaquí algúns dos participantes:
‘Benvidos a Hawai’, da Escola de Música José Verea de Oroso
‘Quero xogar’, do grupo Os nenos da vella
‘Vinde bailare’, do grupo Quenindiole
‘Chuches, cromos e rock and roll’, do grupo Roqueirxs dos Tilos
‘Ruliña’, do grupo Brisiñas da sobreira
‘E irei pa praia’, da Escola de Música de Carnota