Castro de Viladonga: visita virtual

un sitio clave para coñecer, estudar e comprender a evolución do mundo dos castros e do ámbito rural na etapa galaico-romanaNovo espazo web onde podemos viaxar en liña a pé de museo e xacemento.

O castro lugués de Viladonga, declarado Ben de Interese Cultural en 2009, é un magnífico exemplo para achegarnos á cultura castrexa. As estruturas defensivas e de habitación, así como os moi abundantes materiais que continuamente proporciona este xacemento arqueolóxico (e que se expoñen de xeito selectivo no seu museo anexo), evidencian que o castro de Viladonga tivo un asentamento ou ocupación duradeira e especialmente importante sobre todo entre os séculos II e V da nosa era, o que o converte nun sitio clave para coñecer, estudar e comprender a evolución do mundo dos castros e do ámbito rural na etapa galaico-romana.

O espazo estreou recentemente un sitio web con diversas posibilidades. Alén do propio vídeo que abre a portada, con diversas imaxes non pouco espectaculares, inclúe tamén a posibilidade de facer unha visita virtual, percorrendo todo o xacemento ao tempo que nos van achegando explicacións sobre o que vemos.

Ademais, o Museo do Castro de Viladonga dispón dunha serie de recursos de carácter didáctico, que permiten ofrecer unha visión xeral da vida cotía no castro, dirixidos aos diferentes niveis escolares, e que poden ser descargadas desde a sección de recursos (O castro de Viladonga no espazo e no tempo, Sociedade castrexa en época romana, Economía castrexa, O castro e o medio natural, Para coñecer a túa historia, Viladonga no espazo e no tempo, Recortable da casa rectangular, Recortable da casa redonda, Recortable do puñal de antenas, Recortable do torques e da arracada)

Visita virtual ao Castro

HORARIO
Museo: 
Aberto todos os días do ano (agás 24, 25 e 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro)
De marzo a outubro: de 10 a 20 h.
De novembro a febreiro: de 10 a 19 h.
Castro: 
Acceso libre todos os días do ano.

Grupos
Realízase orientación e traballo didáctico con visitas escolares ou con grupos específicos.
As visitas en grupo convén solicitalas con antelación, tendo en conta a conveniencia de facer subgrupos (preferentemente non superiores a 35/40 persoas) para facilitar o aproveitamento didáctico da visita.
Para reserva de grupos prema esta ligazón

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*