HistoriadeGalicia.gal

Portal divulgativo sobre o mundo da historia e do Patrimonio de Galicia.Portal divulgativo sobre o mundo da historia e do Patrimonio de Galicia.

Arqueoloxía, antropoloxía, etnografía, mundo castrexo, medievo, petróglifos, lendas, tradicións, historia contemporánea… Son algunhas das seccións que podemos atopar no espazo divulgativo HistoriadeGalicia.gal, cheo de pezas de moito interese sobre todo o que se fai en Galicia en materia histórica e patrimonial.

O portal tamén destaca entre as súas informacións a denuncia e as chamadas de atención sobre as agresións que habitualmente sofren os bens patrimoniais do país. O proxecto está coordinado polo xornalista Xurxo Salgado e conta coa colaboración de diversos divulgadores e investigadores, ademais de quedar aberto a todo quen desexe achegar a súa axuda “para facer da Historia e do Patrimonio de Galicia un ben a conservar para deixar en herdanza as nosas xeracións futuras”.

HistoriadeGalicia.gal

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*