IV “Xornadas de Astrotrevinca”

A Veiga é a día de hoxe un dos catorce destinos turísticos que en todo o mundo conta coa certificación "Starlight"
Ceo estrelado en Pena Trevinca – Imaxe: Fundación Starlight

Días 22, 23 e 24 de setembro no concello da Veiga.

A Veiga é a día de hoxe un dos catorce destinos turísticos que conta coa certificación “Starlight”, en atención ao feito de que a zona de Trevinca é un excelente lugar para contemplar as estrelas.

A programación dará comezo o venres, 22 de setembro, ás 22.00 horas, coa observación no mirador astronómico de As Tablillas. O sábado, 23 de setembro, as actividades iniciaranse ás 10.45 horas coa presentación das xornadas, para continuar coa conferencia “Buscando a enerxía escura desde Teruel. O observatorio Astrofísico de Javalambre”, a cargo de Ramón Iglesias Marzoa. Ás 12.00 horas será a quenda para Óscar Blanco, quen falará de “El último eclipse total de sol en la Península Ibérica, A Veiga en 1912”. Pola tarde, as actividades retomaranse ás 16.30 horas coa conferencia “Tiempo y clima en Galicia” de Xavier Fonseca e, ás 17.30 horas, será a quenda para Salvador Bará que exporá “Como protexer os ceos escuros da contaminación lumínica”. A partir das 19.30 horas rematará a xornada formativa Óscar Blanco con “Fotografiando paisajes celestes”. Por último, ás 22.00 horas, realizarase novamente a observación astronómica no mirador de As Tabillas. O domingo, 24 de setembro, a programación dará comezo ás 11 horas coa observación solar a cargo da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío e, ás 14.00 horas, será o peche das xornadas.

Os interesados en participar poderán inscribirse na Oficina de Turismo de A Veiga a través do número de teléfono 988350130, ou do correo turismo.aveiga@gmail.com.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*