Outro chanzo na memoria histórica: retirado o escudo franquista da antiga escola de Amio

Outro chanzo na memoria histórica: retirado o escudo franquista da antiga escola de AmioNon é o único símbolo da ditatura que permanece en edificios públicos.

O Concello de Santiago anunciou a retirada do escudo franquista que coroaba a antiga escola de Amio. Dáselle cumprimento así ao artigo 15.1 da Lei de Memoria Histórica, que determina que “as administracións públicas, no exercicio das súas competencias, tomarán as medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da ditadura”. Ao mesmo tempo, tamén se lle da cumprimento ao acordado no Pleno da corporación compostelá.

A intención do Concello é seguir avanzando na retirada da simboloxía franquista que aínda pervive noutros edificios públicos, ademais de na antiga escola de Amio. Para iso, o Goberno local anunciou realizará as xestións oportunas diante da Igrexa, a Universidade, o ADIF ou Correos.

Fonte: Concello de Santiago

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*