Son xa 15 mil participantes os que aprenderon sobre os 3R no ‘Recíclate con Sogama’

O programa Recícilate con Sogama inicia a súa sexta edición na aposta en prol de, entre outros, valores de civismo, convivencia, solidariedade e responsabilidade. O programa inicia a súa sexta edición na aposta en prol de, entre outros, valores de civismo, convivencia, solidariedade e responsabilidade.

Cada inicio do novo treito escolar, desde o pasado curso 2012-2013, docentes e alumnado de centros galegos participan no programa “Recíclate con Sogama”, que lles achega material divulgativo para afondar na xestión sostible dos refugallos, fomentando as boas prácticas, comezando polo propio centro escolar e con vocación de estenderse ao contorno familiar.

Dende aquela foron xa arredor de 15.000 os rapaces e rapazas, pertencentes a 70 centros educativos, os que se involucraron neste desafío de educación en valores. Unha exitosa iniciativa de motivación da comunidade educativa para a aplicación diaria do principio dos tres erres: redución, reutilización e reciclaxe.

Da illa de reciclaxe á pizarra electrónica

Co obxectivo de axudar nesa tarefa, Sogama entrégalle aos centros illas de reciclaxe conformadas por tres contedores (amarelo, azul e verde), con capacidade para 120 litros cada un, nos que deben depositar, respectivamente, latas, briks e envases de plástico; envases de cartón e papel; e fracción resto. Tamén lles facilita un composteiro a aqueles que conten con comedor e teñan horta ou xardín.

E de xeito paralelo, as escolas contan con xogos físicos e online, guías didácticas, vídeos, fichas e material diverso para seren integrados na planificación curricular. Nesa liña, o pasado curso tamén recibiron a visita dos educadores da campaña “Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor 2016-2017”, que se achegaron ata os 19 centros participantes para desenvolver actividades diversas.

Periodicamente, técnicos de Sogama desprázanse aos colexios para entrevistarse cos coordinadores do programa en cada caso, tomar nota dos seus comentarios e trasladarlles as directrices necesarias para que o proceso de recollida selectiva se materialice con éxito. A última visita adoita incluír unha caracterización dos contedores que conforman as illas de reciclaxe para comprobar a calidade dos materiais depositados nos mesmos e, xa que logo, o nivel de propios ou impropios detectados en cada recipiente. Esta é unha das principais premisas a ter en conta para verificar se os colexios cumpren cos requisitos imprescindibles para ser declarados como aptos na avaliación final dos distintos proxectos desenvolvidos. Ademais, o concurso Recíclate con Sogama, analiza o rendemento dos centros e a capacidade para implicar ás familias e aos propios concellos, outorgándolles galardóns en forma de vales económicos canxeables por distinto material educativo para os colexios.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*