VIII concurso de Boas Prácticas Educativas

CONVOCATORIA
A Asociación Mellora a túa Escola Pública convoca a oitava edición do seu concurso de Boas Prácticas Educativas, no que poderán participar as experiencias educativas levadas a cabo durante o curso 2016/17 en centros escolares públicos do Estado Español.

OBXECTIVOS DAS BOAS PRÁCTICAS PRESENTADAS
Os traballos deberán ter en conta os seguintes aspectos:
1. Responder a unha necesidade de mellora educativa concreta e animar o traballo en equipo de Profesores, Equipo Directivo, Orientación, AMPAS e/ou familias, integrando o talento colectivo para alcanzar esa mellora.
2. Desenvolve o pensamento creativo e autónomo dds alumnos/as propoñéndolles retos educativos (científicos, artísticos, lingüísticos, deportivos, de convivencia, de orientación, etc.) concretos.
3. Estimular o valor pedagóxico do esforzo persoal dos alumnos/as por realizar un traballo ben feito.
4. Fomentar actitudes de coidado persoal e de hábitos saudables relacionados coa mobilidade e a alimentación.
5. Introducir o alumnado en situacións reais e axudarlles a interrelacionar os coñecementos adquiridos para tomar decisións e achegar diferentes solucións.

MODALIDADES
1. Modalidade A: Centros de Educación Infantil, Primaria, E. Especial e Aulas Específicas de Educación Especial. Tema libre
2. Modalidade B: Centros de Educación Secundaria, Bacharelato, Formación Profesional, Ensinos de Réxime Especial (Ensinos Artísticos Elementais-Profesionais e Ensinos Artísticos Superiores, Ensinos Deportivos e Ensinos de Idiomas) e Centros de Educación de Persoas Adultas. Tema Libre
3. Modalidade C – Patrocinada polo Instituto Tomás Pascual Sanz:
á Boa Práctica Educativa que promova hábitos de vida saudable, promoción exercicio físico, alimentación sa, etc. Para todos os centros da modalidade A e B.

Para inscribir a Boa Práctica Educativa no concurso, elixirase unha ou dúas das modalidades de participación.
Naqueles casos nos que a práctica fose levada a cabo ao longo de varias etapas educativas, a modalidade de participación será aquela á que pertenza o coordinador do proxecto.

Prazo de inscrición na web e presentación do proxecto:
O prazo de inscrición finaliza o 15 de novembro de 2017.

A inscrición ao  concurso realízase cumprimentando o formulario que se atopa na páxina web:  INSCRICIÓN
Despois de inscribirse, recibirá por correo electrónico un número de asignación do proxecto e a ligazón ao cartafol correspondente aloxado en Google Drive onde deberá aloxar a documentación enviada ao concurso cunha data final do 22 de novembro. (Para inscribirse é necesario unha conta en Gmail)

Toda a información na web da Asociación Mejora tu Escuela Pública

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*