X Limpeza Simultánea de Ríos

Domingo 1 de outubro. Organiza Adega e o Proxecto Ríosos.

Con esta edición será xa unha década de compromiso de centos de persoas nesta xornada de retirada de lixo dos cursos fluviais.

Milleiros de toneladas de residuos que son quitados das ribeiras e do curso de moitos ríos e regatos do país grazas ao voluntariado participante. O domingo 1 de outubro é a data na que se realizará a actividade. Para participar podes unirte a algún grupo organizado preto do teu concello ou ben promover a limpeza nun río actuando de coordinador/a.

Chama ou envía un e-mail aos seguintes contactos:
Teléfonos: 981 57 00 99 / 619 672 038
e-mail: pacobanhobre@adega.gal

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*