De Chispa a Tatá, de Moraña a Zas

Os seis irmáns Bolechas e o seu can Chispa non podían faltar á súa cita co programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes’Nova aventura en directo dos Bolechas que percorre xa o país.

O inicio do curso escolar coincide coa novidade dunha nova actividade do programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes’, no que, unha vez máis, poderemos gozar dos seis irmáns Bolechas e o seu can Chispa. Ata 21 concellos recibirán a visita da animada familia cunha actividade moi participativa.

Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos están facendo o Camiño de Santiago e paran na pensión de Eustaquio acompañados do seu can Chispa. Eustaquio acepta darlles aloxamento a cambio de que xoguen con el a un peculiar xogo da oca que os obrigará a superar, coa axuda e participación do público, diferentes probas de habilidade física e de coñecementos culturais sobre Galicia adaptados á rapazada de 4 a 10 anos. Cultura, xeografía, gastronomía, tradicións… todo terá cabida nesta divertida iniciativa para que os nenos e nenas aprendan e se divirtan en galego, a lingua que sempre falan Os Bolechas. Como é habitual, nesta proposta dos Bolechas para ‘FalaRedes’ a participación non se limita ao día do espectáculo. Durante a actividade, o público coñecerá unha palabra máxica que lle permitirá acceder ao sitio web osbolechas.gal/dechispaatata para seguir xogando e aprendendo e mais para conseguir ata 20 lotes dos seus libros.

O espectáculo, presentado esta semana polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inicia o percorrido este sábado 16 de setembro na localidade de Moraña, ás 18:00 horas na Casa da Cultura ADR Castelao. Deica ao 5 de novembro e despois da estrea en Moraña, chegará a Sober, Castrelo de Miño, Barro, Caldas de Reis, Castro Caldelas, Triacastela, Quiroga, Rianxo (en colaboración coa Mancomunidade Ría de Arousa Zona Norte), Pazos de Borbén, A Bola, Frades (en colaboración coa Mancomunidade da Comarca de Ordes), Padrón, Negreira, Santa Comba, Arteixo, Zas, Mos, Bueu, Ordes e Xove. A entrada é libre e de balde ata completar a capacidade deste espazo. Toda a información xa está dispoñible no enlace www.lingua.gal/dechispaatata.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*