Que é para ti a transparencia?

Certame de redacción e debuxo para escolares de ata 12 anos.

Convocouse a terceira edición dos Premios infantís de transparencia, unha iniciativa do Consello de Transparencia e Bo Goberno que quere contribuír a fomentar a cultura da transparencia a nivel estatal e especialmente entre os máis novos.

O alumnado de entre 6 e 12 anos pode elaborar un debuxo cunha frase (como máximo de catro liñas) respondendo a esa cuestión: Que é para ti a transparencia? (Bases)

E o alumnado de entre 13 e 16 anos, participa na segunda categoría, debendo enviar unha redacción explicando “que é para ti a transparencia e en que nos pode beneficiar” O máximo admitido é de 300 palabras. (Bases)

O prazo para participar finaliza este venres 22 de setembro

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*